Repensar Iberia  –       Apresentação em PortuguêsPresentación en Castellano

(Casa Mateus, Vila Real, 12-14 outubro 2018)

 

Coordinación de Ramón Villares | Teresa Albuquerque

 

Pensar de forma conxunta a realidade social, cultural e política da Peninsula ibérica conta cunha certa tradición, ao menos desde os tempos do romantismo iberista, mas nunca foi practicada de forma permanente, debido a recelos ou ao que popularmente se coñece como vivir de “costas viradas”.

Ademáis, moitos daqueles debates de trazos formais iberistas non pasaban da retórica: podían ser mais xogos intelectuais que análises realistas de propostas de acción política. Sen embargo, este tipo de debates segue a ser moi necesario na actualidade, tanto polo carácter transnacional que esta reflexión pode achegar como pola especial relación que os estados ibéricos teñen co mundo atlántico, nomeadamente o iberoamericano.

Hai na Casa de Mateus unha longa tradición de reflexión sobre os problemas da sociedade que se desenvolveu en particular nos seminarios “Re-pensar Portugal”, onde se discutiron temas como a educación (1978), a rexionalización (1995) ou a sostibilidade do país no proxecto PensarRe Portugal (2011). Tamén é necesario recordar reunións importantes, como as promovidas pola Fundación Banco Exterior de España e a Fundación Calouste Gulbenkian (Sintra e Oeiras, 1983) ou o realizado en 1998 con motivo do quinto centenario dos descubrimentos e a Exposición Universal de Lisboa

Nesta perspectiva, pensamos que é máis preciso que nunca recuperar estes espazos de diálogo, desligados de qualquer celebración ou conmemoración histórica, para afrontar de modo conxunto un debate sobre os desafíos que os dous estados ibéricos teñen na época presente e no imediato futuro,  quer nas suas relacións mutuas quer de forma mais alargada no conxunto da Unión Europea e mesmo no seio das comunidades iberoamericanas.

Os estados ibéricos padeceron en tempos recentes non só unha forte crise económica, senón  tamén ter sido ollados de novo a través de vellos estereotipos que parecen lembrar as matinacións dun Antero de Quental sobre As causas da decadencia dos pobos peninsulares. Agora que os efectos da crise económica teñen sido parcialmente superados, é un momento adecuado para lanzar este tipo de reflexións e, sobre todo, de propostas para o futuro. Son viabeis os estados-nación?, como superar  os bloqueios da construción europea?, qué vantaxes e oportunidades teñen os estados ibéricos na xeopolítica actual?

Nesta dirección, propomos un seminario que debe estar centrado en varios blocos de debate, pero cun elo común, que é pensar ou “repensar” a Iberia no seu conxunto e como parte esencial da Europa occidental e do espazo atlántico. O formato do seminario debe ser de discusión aberta, mas só entre ponentes e convidados específicos. Poderá haber unhas conclusións do mesmo.

 

 

Programa

12 de outubro

 

Xegada dos participantes despois das 15:00.

16:00 – Visita á casa e aos xardíns

18:00 – Degustación de viños en el “Barrão de Cereais”

19.00 – Intervencións institucionais

Fernando de Albuquerque, Director da Fundação da Casa de Mateus

Rosario Alvarez, Presidente do Consello da Cultura Galega

António Feijó, Administrador Fundação Calouste Gulbenkian

Presentación  del Seminário

Ramón Villares, Consello da Cultura Galega

Teresa Albuquerque, Fundação da Casa de Mateus

 

20:00 Cea

 

13 de outubro

 

09:15 – 10:15

Conferencia inaugural: Unión Europea: realidades, riscos e desafíos – Jaime Gama 

Introdución: Eduardo Marçal Grilo

 

10:25 – 11:40

Táboa 1: A transición  á democracia nos estados ibéricos

Santos Juliá  // António Costa Pinto 

Moderador: António M. Feijó

 

11:50 a 13:05

Táboa 2: Políticas de cooperación e gobernanza no contexto ibérico e europeo

Luís Braga da Cruz // Luis Caramés // Pedro Magalhães

 

13:30 – 14.45 Xantar

 

15:30 – 16:45

Táboa 3: Espazo ibérico e políticas públicas – Economía, Medio Ambiente, Enerxía

Elisa Ferreira  // Antón Costas Comesaña

Moderador: Pedro Santos Guerreiro

 

19.30 Cea

 

14 de outubro

 

09:30 – 10:45

Táboa 4: Estratexias ibéricas para a ciencia

Artur Santos Silva // Angel Font // António M. Cunha 

Moderador: José Rivas

 

10:55 – 12:10

Táboa 5: Culturas ibéricas, culturas atlánticas

Javier Rioyo // Guilherme d’Oliveira Martins

Moderador: Teresa Albuquerque

 

12:15 a 12:50

Conferencia de clausura Iberia, entre Europa e América – Nélida Piñon (Academia Brasileira de Letras)

Moderador: José Carlos de Vasconcelos

 

13:00 a 15.00 Xantar,  seguido de Conclusións

 

 

Uma iniciativa da Fundação da Casa de Mateus e do Consello da Cultura Galega

                   

Com o apoio da Fundação Calouste Gulbenkian

 

No Ano Europeu do Património Cultural